Patricia Buján Otero

Patricia Buján Otero é doutora en Tradución pola Universidade de Vigo. Na actualidade, compatibiliza a súa actividade como tradutora (traducion.gal) e editora (Catro Ventos) coa de profesora asociada no grao en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e no Máster para a Comunicación Internacional desta mesma universidade. As súas principais liñas de investigación son as políticas de edición, a fraseoloxía e a calidade en tradución. Forma parte do grupo de investigación Bitraga, do comité científico de Cadernos de Fraseoloxía Galega e do comité de redacción de Viceversa. Revista Galega de Tradución. No eido literario, é autora de máis de 20 traducións do alemán, catalán e inglés ao galego de obras de Rachel CarsonByung-Chul HanStefan ZweigJohanna SpyriHans Fallada e Patrick Süskind, entre outras autorías.

Datos de contacto