Robert Neal Baxter

 

Robert Neal Baxter é licenciado en Lingüística e doutor en Tradución e Interpretación. Na actualidade é profesor de interpretación simultánea e consecutiva (inglés-galego) no grao de T&I da Universidade de Vigo, onde imparte tamén docencia no programa de doutoramento. A súa investigación está centrada na T&I en relación con cuestións de xénero e identidade sexual por un lado e o impacto da T&I nas linguas socialmente non normalizadas, nomeadamente o galego e o bretón.

Datos de contacto