A tradutora ao galego de Byung-Chul Han é tamén a súa editora. Da man da estradense Patricia Buxán, coa edición de Infocracia por parte de Catro Ventos, o pensador actual que máis impacto popular ten acadado a nivel internacional pódese ler na nosa lingua.
