Presentación do libro «Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor», da editorial Peter Lang.

O vindeiro xoves 7 de abril, entre as 16 e 18 horas, terá lugar a presentación do libro Promoción cultural y Traducción. Ferias internacionales del libro e invitados de honor, da editorial Peter Lang.

O evento emitirase en formato virtual a través da canle Directo1 UVigoTV (https://tv.uvigo.es/directo1) e contará coa asistencia de Carmen Villarino Pardo, Iolanda Galanes Santos e Ana Luna Alonso (as súas editoras), ademais de con algunhas das persoas colaboradoras na monografía, como o antropólogo arxentino Gustavo Sorá.

Trátase dun acto aberto para todas as persoas interesadas na promoción cultural, as feiras internacionais do libro, a tradución e o sector do mercado editorial. Agardamos por vós a través desta ligazón!