Biografía |
Valentín Paz Andrade, nado en Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898 e falecido en Vigo, o 19 de maio de 1987, foi un xurista, político e escritor galego.
Licenciado en Dereito (1921) pola Universidade de Santiago de Compostela, o seu interese pola literatura comezou grazas á influencia do seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, quen lle presentou a Castelao, un dos intelectuais que máis influíron na súa obra.
Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que reflectiu a súa preocupación polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros. |