Autoras/es Nome
Nome Marguerite
Apelidos Yourcenar
Web
Email
Biografía Marguerite de Cayencour (Yourcenar é o anagrama de Cayencour) naceu o 8 de xuño de 1903 en Bruxelas. Foi criada pola súa aboa paterna e polo seu pai que lle deu unha educación bastante esmerada. Iniciouna moi cedo a cultura grecolatina e a vida cosmopolita. Ao comezo da Primeira Guerra Mundial Marguerite de Yourcenar refuxiase no Reino Unido co seu pai onde ve por vez primeira no British Museum o busto do emperador Hadrien. Aprende o inglés e o latín. Comezou a publicar algunha obra con escaso éxito: no ano 1921 publica Le Jardin des Chimères, Les Dieux ne sont pas morts (1922), a súa primeira novela Alexis ou le traité du vain combat (1929), La Nouvelle Eurydice e Pindare (1931), La Mort conduit l'attelage e Alexis: Denier du rêve (1934). Logo saíu unha colección de tres contos La mort conduit l'attelafe (1934). No ano 1936 publica Feux, un poema en prosa froita dun amor imposible por un home que ama. No ano 1937 vai a Londres para atoparse con Virginia Woolf, da que traduce Vagues. O ensaio Les Songes et les Sorts e os contos Nouvelles orientales saen a luz no 1938. Ao comezo da Segunda Guerra Mundial viaxa a Estados Unidos, faise cidadá americana, imparte clases e traduce Virginia Wolf, Henry James e K. Kavafis, e a antoloxía de poesía grega antiga La couronne et la lyre. A súa fama débeselle sobre todo a novelas históricas como Mémoires d’Hadrien. Que publicou no ano 1951 e Opus nigrum (1965). No ano 1968 foi galardoada co premio Femina, no 1970 foi elixida membro da Academia Real Belga e no 1977 recibe o gran premio da Academia Francesa. Foi a primeira muller elixida membro da Academia Francesa (1980). No 1981 publica Anna Soror. Segue a traducir e no ano 1983 recibe o premio Erasme en Amsterdam. O 17 de decembro do ano 1987 morre en Estados Unidos.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
Anna soror LIT_Narrativa_Novela Francés (Bélxica) - fr BE 1935
Conte bleu LIT_Narrativa_Novela Francés - fr 1927
Mémoires d'Hadrien. Carnets de notes de Mémoires d'Hadrien LIT_Narrativa_Novela Francés - fr 1951
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano