Biografía |
Lawrence Schimel naceu en Nova York en 1971 e reside en Madrid dende 1999. Escribe tanto en castelán coma en inglés, e publicou máis de 100 libros de diversos temas e xéneros: narrativa, ensaio, literatura infantil, biografía, poesía, cómic... Publicou un poemario escrito en castelán, "Desayuno en la cama" (Egales, 2008) e dous en inglés: "Fairy Tales for Writers" (A Midsummer Night's Press, 2007) e "Deleted Names" (A Midsummer Night's Press, 2013). É ademáis compilador da antoloxía en catalán "Ells s’estimen. Poemes d’amor entre homes" (L’Index, 1999). Ten feito as súas propias versións en galego para os libros infantís bilingües: "Igual que eles/Just Like Them", "A árbore minguante/The Shrinking Tree", "O neno e o espía/The Boy and the Spy" (todos para Ediciones del Viento, 2010). Gañador do premio Lambda Literary en EEUU en 2008 e 1998, os seus libros infantís foron seleccionados polos White Ravens 2005, e polo IBBY entre os “Libros Destacados para Mocidade con Minusvalías” en 2007 e 2013, entre outras honras. Textos seus foron traducidos ao alemán, castelán, catalán, checo, coreano, croata, eslovaco, esloveno, esperanto, estonio, éuscaro, finés, francés, galego, grego, holandés, indonesio, inglés, islandés, italiano, xaponés, maltés, polaco, portugués, romanés, ruso, serbio, turco e ucraíno. |