Biografía |
Verónica Martínez Delgado, de 1976, natural da Frouxeira (Valdoviño), praia de fortes mareas e infinita marca. Estudou Historia da Arte na USC.
Autora de diversos poemarios premiados, publicou, como poeta e narradora: Desterrada do meu corpo, Deshabitada e sen verdugo, Cara a un solpor de gatos, O ladrón de almas; en obras colectivas: Isto é un poema e hai xente detrás, En defensa do Poleiro, A voz de escritores galegos en Celanova, Somni de paper, Catro Contos, Sempre Mar, A cidade na poesía galega do século XXI, como ensaísta: X.M Tomé, Breves notas sobre a historia da arte aplicadas á intervención sociocomunitaria, I Encontro Internacional de Arte e Natureza, A intervención didáctica nos DEAC; alén de participar en libros de carácter colectivo, en numerosas publicacións periódicas, en multitude de recitais, conferencias, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. |