Biografía |
Begoña Caamaño (Vigo, 1964-Santiago 2014) foi xornalista. Traballou nas seccións de cultura e sociedade dos informativos da Radio Galega, emisora na que exerceu dende 1989. Antes traballou nos servizos informativos de Radio Popular de Vigo e en Radio Noroeste. Foi correspondente en Vigo da Axencia Galega de Noticias e do desaparecido xornal madrileño El Sol. Colaborou en A Nosa Terra, Tempos e Novas da Galiza, e foi autora de reportaxes e artigos nas revistas Festa da Palabra, Silenciada e DeLiberadaMente. |