Biografía |
Alice Vieira (Lisboa, 1943) formouse en Filoloxía Xermánica, iniciando a súa carreira de xornalista no ano 1964. Ten publicada unha extensa obra orixinal (18 novelas para lectores novos), adaptacións de historias tradicionais portuguesas e unha antoloxía de poesía popular para nenos.
Polo conxunto da súa obra traducida, foi nomeada en 1996 candidata ó Premio Andersen. En lingua galega ten publicados, entre outros: Rosa, miña irmá Rosa (1990), Bloque 12, 2º esquerda, A Lúa non está á venda, Úrsula, a maior; Paulina ó piano e Caderno de agosto (Xerais 1999).
Centrada no tema da pre-adolescencia e adolescencia, a narrativa de Alice Vieira destaca pola forma poética e simultaneamente crítica que utiliza na abordaxe de temas moi variados. A soedade, as relacións coas persoas adultas e entre os amigos son temas recorrentes na súa obra, sendo tratados sempre con autenticidade e tenrura. |