Autoras/es Nome
Nome Ilse
Apelidos Losa
Web
Email
Biografía Ilse Losa naceu en Alemaña en 1913. A súa condición de xudía causoulle problemas no seu país, de onde a forzaron a saír. En Inglaterra tivo os seus primeiros contactos con escolas infantís e cos problemas da infancia. En 1934 refuxiouse en Portugal, onde casou, adquirindo así a nacio- nalidade portuguesa. A súa valiosísima obra incluíu novelas, contos, crónicas, traballos pedagóxicos e Literatura Infantil. Colaborou en revistas e xornais alemáns e portugueses, está representada en varias antoloxías de autores portugueses e ela mesma participou na organización e tradución de antoloxías de obras portuguesas que se publicaron en Alemaña. Traduciu do alemán varios dos seus máis consagrados autores e o célebre Diario de Ana Frank. En 1984 recibiu o Gran Premio Gulbenkian, polo conxunto da súa obra de Literatura Infantil. En 1990 foron publicadas en Alemaña as súas novelas O Mundo em que Vivi (1949) e Sob Céus Estranhos (1962) e o seu libro de contos Caminhos sem Destino (1991). Outras obras de Losa son Histórias Quase Esquecidas (1950), Rio sem Ponte (1952), Aquí Havia uma Casa e A Flor Azul e Outras Histórias (ambos de 1955), O príncipe Nabo (1962), Na Quinta das Cerejeiras (1981) e Silka (1984). Está considerada como unha das escritoras máis importantes da Literatura Infantil e Xuvenil portuguesa. Faleceu no Porto en 2006.
Observacións
Listaxe Monografías
Título Xénero Lingua Ano
O mundo em que vivi LIT_Narrativa_Novela Portugués - por 1949
Rio sem ponte LIT_Narrativa_Novela Portugués - por 1952
Listaxe Traducións
Título Xénero Lingua Ano