Biografía |
Jacques Fansten (Paris, 1946) traballou de sempre no mundo cinematográfico. Axudante de Claude Chabrol, perseverou no seu soño de realizador. Reuniu entre os «camaradas» os cartos necesarios para producir a súa primeira película, L' Avant-veille du grand soir (A antevéspera do gran serán), unha historia de adolescentes. Conta con dez filmes, escritos e realizados. Cada película súa é unha crónica na que ten o papel primeiro a infancia. En galego publicou a novela para xoves A fractura do miocardio (Xerais 1996), traducida por Valentín Arias
|