Publicacións
Título Herba aquí ou acolá
Autoras/es Nome  Álvaro Cunqueiro Mora (Álvaro Labrada pseudónimo)
Traducións  Herba aquí o allà
 Herba aqui ou acola - Hierba aquí o allá
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Ano  1980
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 180 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
En total son 29 poemas estruturados en dúas seccións: As historias e Vellas sombras e novos cantos.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-7154-759-7
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Galaxia, Dombate
Localización e signatura  BUV, FFT 869.9 CUN her
Fonte  Libro Propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Edición comentada e aumentada de Xosé Henrique Costas

En 1991 Xosé Henrique Costas publicou a obra como libro independente, nunha edición moi acrecentada ao engadir máis de 60 poemas á selección. Tamén lle mudou o título, tomándoo do penúltimo poema que aparecía na selección de 1980. A primeira sección titúlase agora Os cantos e as historias mentres a segunda mantén o título. Costas afirma na introdución do libro que os poemas se recolleron ás présas para incluílos nas súas obras completas en galego e, como consecuencia, a estruturación foi inexacta e non se incluíron todos os poemas escritos por Cunqueiro despois do seu último libro de poemas, Dona do corpo delgado (1950). Pola contra o compilador desta edición incluíu aqueles poemas que tiñan relación pero deixou fóra algúns que non tiñan a mesma adscrición. Costas iguala ortograficamente os poemas, pero sen adaptalos ás Normas do galego, senón que segue as solucións que maioritariamente usou o propio Cunqueiro.
Ficheiros