| Título | Ultime lettere di Jacopo Ortis |
|---|---|
| Autoras/es Nome | Ugo Foscolo |
| Traducións | Últimas cartas de Jacopo Ortis |
| Ilustracións | |
| Xénero | LIT_Narrativa_Novela |
| Lingua | Italiano - it |
| Ano | 1802 |
| Edición | monolingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas | |
| Obra completa, Antoloxía | |
| Tipo de edición | 1ª edición |
| ISBN | |
| Lugar de edición: editora, colección | |
| Localización e signatura | |
| Fonte | |
| Soporte | |
| Introdución e notas | |
| Textos críticos | |
| Premio(s) | |
| Observacións | Tradución ao galego da primeira novela epistolar da literatura italiana, para a elaboración da cal, Niccolò Foscolo Zante (1778-Londres, 1827), verdadeiro nome do autor, partiu de Laura, lettere (1796), unha historia de amor inspirada no suicidio do universitario Girolamo Ortis, e nun episodio autobiográfico: o afecto que el mesmo sentiu por Isabella Teotochi Albrizzi. Con posterioridade, o autor reelaborou o texto e engadiulle nas sucesivas edicións máis detalles relacionados coa súa biografía até chegar ao texto definitivo, datado en Londres en 1817. O material epistolar preséntase recompilado polo destinatario e suposto editor, Lorenzo Alderani. Jacopo, un mozo burgués inmerso nas loitas políticas do momento, vese obrigado a fuxir de Venecia e, durante a súa estadía nos Euganeos, de camiño ao exilio, escríbelle a Lorenzo longas reflexións sobre o seu descontento pola marcha do país, ao tempo que lle confesa os seus sentimentos por Teresa. As misivas abordan temas diversos —a morte, a paisaxe, a corrupción política, o esquecemento dos heroes nacionais, a natureza humana. Na liña da novela sentimental e dos motivos propios do xénero epistolar —sobre o modelo da Nouvelle Héloïse (1761) e do Werther (1774)—, mais tamén influenciado pola obra de Vittorio Alfieri, este texto conxuga o discurso amoroso co político e identitario. Consonte co espírito romántico, Jacopo só enxerga unha saída para calmar o seu desacougo: a destrución de si mesmo. |
| Ficheiros |