Publicacións
Título Melancoholemia. Vida de Mamarracho
Autoras/es Nome  Antón Reixa
Traducións  Melancoholemia. Vida de Mamarracho
Ilustracións  Antonio Segade (escolma de imaxes)
Xénero  Lit_Varios
Lingua  Galego - glg
Ano  2020
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica. 15 x 23,5 cm. il. fot. (b/n), 64 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN   978-84-16721-64-1
Lugar de edición: editora, colección   Pontevedra: Factoría K de Libros, Col. Rizomas
Localización e signatura  BUSC Bib. Xeral GA 20221
Fonte  BNE, web editora
Soporte  Papel
Introdución e notas  Manuel Xestoso
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Publicouse simultaneamente en castelán. Existe unha versión escénica deste texto.
En canto ao xénero, no rexistro da BNE, aparece clasificado como texto teatral: Monólogos (Teatro). No rexistro da BUSC, aparece como ensaio. Na ficha técnica da editora, a temática califícase como "texto creativo-filosófico a partir da mestura de aspectos da realidade e da cultura". En "Aspectos destacables", menciónase "vangarda,escrita automática, hibridación creativa: narrativa, audiovisual, performance; conta cunha versión escénica".
Ademais, consta a seguinte descrición da obra: «"Melancoholemia enlaza directamente coas propostas escénicas máis audaces deste inicio do século, empregando ese discurso que interroga directamente o público a partir da mestura de disciplinas, da vocación de intervención e, sobre todo, do cuestionamento da retórica da actualidade." [Fragmento do limiar de Manuel Xestoso, crítico literario e teatral]
Na fronteira da cordura e da alienación, da diferenza radical entre a realidade e a percepción sobre o real, da perplexidade como actitude vital fronte ao sedante do conformismo xorde «Melancoholemia. Vida de Mamarracho». O protagonista deste sorprendente e descarnado relato é o anfitrión na xornada de portas abertas dunha institución de saúde mental que, dende un escenario, debulla o rocambolesco relato dun ser patético e sen personalidade que percorre lugares (e tempos) insólitos -dende «O Xardín das Delicias» do Bosco ata os restos sumerxidos do submariño ruso Kusk, pasando pola antiga Suevia galaica- introducindo elementos da cultura contemporánea: coñecidas marcas comerciais, personaxes de cómic, o fracasado proxecto do mundo virtual Second Life, iconas do patrimonio histórico e cultural galego...Antón Reixa canaliza, a través da ironía e do humor, a súa conciencia crítica; a capacidade para revelar a parte oculta do iceberg poñendo o foco sobre aspectos cotiás: velaí a crise, o despoboamento, o colapso ecolóxico, o poder totalitario, a identidade colectiva e outros desfíos da posmodernidade. Co apoio dunha variopinta escolma de imaxes de Antonio Segade, a palabra -e a súa representación- adquire o protagonismo desta obra impresa que conta cunha versión escénica, híbrido multidisciplinar entre performance, videocreación e dramaturxia.» (Extraído de: https://kalandraka.com/mpattachment/file/download/id/8820/)
Ficheiros