Textos críticos |
- Manuel Darriba, “Kalandraka e SM lanzan obras ‘infantís’ aptas para o lector adulto”, El Progreso, “Cultura-
Sociedad”, 10 decembro 2000, p. 75.
- Luz Gallego, “¿Onde viven os montruos?”, Diario de Pontevedra, “Revista”, 13 agosto 2000, p. 10.
Kalandraka. Despois de afirmar que se trata dunha das obras infantís máis destacadas do século XX, coméntase a importancia da ilustración, que neste caso “é a extensión do texto, para que os nenos entendan mellor as palabras que aparecen impresas”. Resúmese o argumento do libro e descríbese a traxectoria do seu autor, Maurice Sendak, dentro da literatura infantil e xuvenil: volumes propios, colaboracións con outros autores, galardóns recibidos, etc. Recóllese tamén a opinión da crítica Yolanda Reyes, segundo a cal este autor é “o primeiro artista en tratar abertamente nas súas obras os sentimentos dos nenos máis cativos”, aínda que non evitou a polémica “polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos e das ‘cousas salvaxes”.
- M. Blanco Rivas, “Viaxe ao país onde viven os monstros”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 190, 30 decembro 2000, p. 2.
Trátase, segundo el, dunha “das máis importantes obras da literatura infantil deste século”, como o demostra
o feito de ser traducida a máis de 15 linguas. Salienta o xogo no tamaño das ilustracións, que varían en paralelo coa aventura e que procuran unha atmosfera de tensión. Sobre o autor, destaca que produciu máis de oitenta libros infantís, polo que é chamado o “Picasso dos libros para nenos”, os premios que recibiu e a renovación que supuxo para o xénero. |