Textos críticos |
Versión galega do libro de San Juan de la Cruz (Fontiveros, Ávila, 1542-Úbeda, 1591), que inclúe
un limiar do traductor, no que dá unhas breves notas informativas acerca de cómo se levou a
cabo este traballo. Sinala que tivo o seu xermolo en Granada, no ano 1985, á beira dos
“Mártires”, “lugar onde San Xoán da Cruz deu á súa Noite forma definitiva”. A seguir comenta a
súa sorpresa ante a inexistencia de ningún San Xoán traducido ó galego. Indica tamén as fontes
e os criterios lingüísticos seguidos para edita-lo libro, e aclara algúns cambios feitos no texto na
procura da súa modernización “sen que isto supoña un estar deceado de fidelidade”. A
coo lnibtirnou aecni ópnr orespar oddeú cSeasne J uan de la Cruz que, como xa indica no “Prólogo ao lector”, é unha
“declaración das cancións verbo do xeito que ten a alma polo vieiro espiritual para atinxi-la
verdadeira ataxenta de amor con Deus, tanto canto se pode nesta vida. Dinse tamén as
propiedades que en por si ten aquel que atinxiu a devandita perfección, consonte nas cancións
que atopa”. |