Traducións
Título Frankenstein ou o moderno Prometeo
Autoras/es Nome  Fernando Rafael Tato Plaza
Publicacións  Frankenstein, or the modern Prometheus
Ilustracións  
Xénero  LIT_Narrativa_Novela_LIX
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1999
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm 268 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-8288-343-7
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Editorial Galaxia, Col. Costa oeste, nº 27
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 SHE fra
Fonte  Viceversa
Soporte  papel
Introdución e notas  Ábrese coa “Introducción da autora á edición de Standard Novels (1831)”, na que, ademais de aludir a certos aspectos da súa biografía e vocación literaria, comenta cómo se orixinou esta novela de terror a partir dunha proposta de Lord Byron, que, nunha estancia en Xenebra compartida co matrimonio Shelley, suxeriu que cada un escribise unha historia de pantasmas. A seguir, recóllese o “Prefacio” da autora para a primeira edición de 1818, no que xa se refería á orixe desta ficción e ao suceso que nela se narra. O texto literario propiamente dito inicíase con catro cartas enviadas no século XVIII por R. Walton, que dirixía unha expedición de descuberta cara ao Polo Norte, á súa irmá.
Textos críticos  - M. Blanco Rivas, “O vello mito do home creador de vida”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 150, 25 marzo 2000, p. 4. Ofrécese un resumo argumental da obra da británica Mary Shelley, Frankenstein ou o moderno Prometeo, verquida ao galego por Fernando R. Tato Plaza e publicada na colección “Costa Oeste”, de Galaxia. Dáse un breve perfil biográfico da autora e cítanse algunhas das súas obras como Valperga, O derradeiro home ou os numerosos libros de viaxes. A continuación, alúdese á xénese da obra, publicada por primeira vez no ano 1818, cando Mary Shelley tiña só vinte anos. Para rematar, afírmase que Frankenstein ou o moderno Prometeo éunha obra de terror, inspirada no “vello mito do home creador de vida, que se pode rastrexar ao longo da historia”. - Estro Montaña, “Un clásico do xénero”, Guía dos libros novos, nº 17, “narrativa”, abril 2000, p. 23. Describe a estructura, catro cartas, empregadas como elemento que contribúe a unha maior verosimilute do argumento, e vintecatro pequenos capítulos. A trama argumental, historia dun monstro creado a partir de varios anacos de cadáveres roubados nos cemiterios, e a voz narrativa, un narrador en primeira persoa, de Frankenstein ou o mederno Prometeu, obra da escritora inglesa Mary Shelley, autora así mesmo de Valperga ou O derradeiro home ademais de libros de viaxes e o seu epistolario, traducida ao galego por Ferdando Tato Praza e que constitúe un clásico do xénero de terror e de medo. - Carmen Blanco, “Levar lume e sentir sol”, Tempos Novos, nº 39, “Entregas Culturais”, agosto 2000, pp. 50-51. Dáse conta dalgúns libros de mulleres que falan sobre o mundo das mulleres e que se publican “nas linguas que nos resultan máis accesibles e próximas”. A primeira obra mencionada é Solas de Carmen Alborch, en castelán. As outras dúas están en galego, a primeira é a traducción feita por Fernando Tato do texto de Mary Shelley Frankenstein ou o Prometeo moderno; e por último aparece o poemario de Olga Novo A teta sobre o sol. Letras da cal, “reeditado no último ano do século”. Tanto a obra de Shelley como a de Novo naceron “dun soño real que leva todos os lumes utópicos da memoria dos praceres, contra todas as relixións e contra todas as metafísicas interesadas”. - X. C., “Frankenstein”, El Correo Gallego, “Correo das Culturas”, nº 16, 3 marzo 2000, p. 4. Faise eco da saída ao mercado da traducción do clásico da literatura romántica, Frankenstein ou o moderno Prometeo, da escritora Mary Shelley, verquido ao galego por Fernando R. Tato Plaza. Afírmase que os editores tiveron o acerto de incluír a introducción escrita pola autora para a edición de 1831, na que se explica a orixe da historia. A seguir, ofrécense algúns datos biográficos da autora.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros