Textos críticos |
-E. C., “Os seis poemas galegos de Federico García Lorca tradúcense ó lunfardo”, El Correo Gallego/O
Correo Galego, 25 agosto 1996, p. 11/p. 51. Dá conta da recente publicación, na Editorial Corregidor, da
traducción ó lunfardo, a xerga porteña de La Plata, dos seis poemas de García Lorca. A idea xurdiu no
primeiro Congreso de poetas alófonos en lingua galega celebrado en Santiago de Compostela no ano
1993. Os encargados de levala a cabo foron o médico arxentino Antonio Pérez-Prado e o poeta lunfardés,
Luís Alposta.
-Anxo Tarrío Varela, “Lorca, do yoyega ó lunfardo”, O Correo Galego, “Recanto do cataventos”, 6 outubro
1996, p. 3.
Dáse noticia do libro Lorca en lunfardo, edición bilingüe (galego-lunfardo) a cargo de Luís Alposta, dos Seis
poemas galegos (1935) de Federico García Lorca. Infórmasenos de que esta obra contou co asesoramento
de Antonio Pérez-Prado, no tocante ó galego, e do feito de que se inclúa nela un vocabulario no que se
recollen as equivalencias españolas de certas palabras lunfardas.
- ______, “García Lorca en lunfardo”, La Voz de Galicia, “Beatus qui legit”,
3 outubro 1996, p. 9.
Comenta a publicación de Lorca en lunfardo (Los “Seis poemas galegos” en edición bilingüe), en
traducción do arxentino Luís Alposta, membro da Academia Porteña do lunfardo dende 1968 e
responsable da Antología del soneto lunfardo (1978). Compara algúns versos galegos cos
traducidos e sinala que este libro “ademais de singular, pode funcionar como libro de texto non
canónico nas Cátedras de Teoría da Traducción”. |