Observacións |
A capa, as letras capitais e as ilustracións son de Carybé.
" A historia de amor do Gato Gaiado e da Andoriña Señá escribina no 1948, en París, onde entón residía coa miña muller e mailo meu fillo João Jorge, cando este completou un ano de idade: presente de aniversario; para que un día a lese. Colocado xunto das pertenzas do rapaz, o texto perdeuse e soamente foi reatopado por João no 1976, ó remexer en vellos gardados, tomando finalmente coñecemento del.
Nunca pensei en publicalo. Mais ó serlle dado a ler a Crybé por João Jorge, o mestre baiano, por gusto e amistade, sobre as páxinas mecanografiadas deseñou as máis fermosas ilustracións, tan belas que todos as desexan admirar. Diante do cal, non tiven máis condicións para rexeita-la publicación por tantos reclamada...
O texto edítase como escribín en París, hai case trinta anos. Se fose remexer nel, tería que reestrcturalo por completo, facéndolle perde-la súa única cualidade: a de ser escrito simplemente polo pracer de escribilo, sen ningunha obriga de público e de editor.
Londres, agosto de 1976. J.A.
Dedicatoria do autor:
"Esta historia é un presente para o meu fillo Joao Jorge, no seu primeiro aniverario. París 25 de novembro 1948.
|