Traducións
Título Percival en su bosque
Autoras/es Nome  Moncha Fuentes Arias
 Víctor Fernández Freixanes
Publicacións  Percival e outras historias
Ilustracións  Fotos de Xoan Vilar Cardona
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Español - es
Direccionalidade  Directa
Ano  1997
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 15x10 cm, 96 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-206-4715-2
Lugar de edición: editora, colección  Madrid: Alianza Editorial, 30, Col. Minibolsillo, nº 5
Localización e signatura  C. Superior Bibliográfico de Galicia BL4186
Fonte  Catálogo da Cultura Galega
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   Kortazar, Jon, “Apuesta y equilibrio”, Revista de libros, nº 9, “Literatura española/portuguesa”, setembro 1997, p. 46. Preséntase a colección “Alianza Minibolsillo” como unha recuperación do iberismo e como un proxecto moi vencellado a outras coleccións de Alianza Editorial. Dá conta da variedade de autores que participan na mesma, entre eles X. L. Méndez Ferrín coa traducción ó castelán Percival en su bosque. Valórase a prosa do ourensán por empregar “los trucos de la narrativa moderna”, por saber adapta-la temática artúrica á contemporaneidade e por incluír trazos fantásticos e sátiras políticas nas súas obras. Basanta, Ángel, “Percival en su bosque”, ABC, “ABC literario”, nº 300, 1 agosto 1997, p. 10. Saúda a publicación de oito minilibros de escritores das cinco linguas da Península Ibérica traducidos ó castelán polo que teñen de integradores. Céntrase nas obras e autores menos coñecidos na península: o galego X. L. Méndez Ferrín e os portugueses Lobo Antunes e Cardoso Pires. Do autor galego fala da obra agora traducida, Percival en su bosque, na que Méndez Ferrín trazou un esquema de traballo e escritura que foi compilado nas décadas posteriores. Destaca desta obra a fantasía e a construcción alegórica dalgúns contos, e as miseria das pensións compostelás de posguerra, noutros. Remata con dúas breves notas sobre as dúas novelas traducidas dos autores portugueses anteriormente citados. “Cinco nacións”, O Correo Galego, “A Maltrana”, 30 xuño 1997, p. 3. Comenta a presentación da colección “Minibolsillo” de Alianza Editorial na que se publican en castelán textos completos e inéditos de representantes das literaturas da Península Ibérica, e na que se atopa Xosé Luís Méndez Ferrín con Percival en su bosque, os portugueses José Cardoso Pires e Manuel Lobo Antunes, os cataláns Jesús Moncada e Rosa Regàs, o vasco Bernardo Atxaga, e o castelán Gustavo Martín Garzo. Destaca as “coidadísimas” traduccións ó castelán e a “valente complicidade” de Víctor F. Freixanes. Establece despois un paralelismo cos tempos de Afonso X, exemplo de convivencia, intercambio de ideas e coñecementos coa “Escola de Traductores de Toledo” ou a de Don Denís de Portugal, cando tódolos saberes eran vertidos á lingua castelá ou galega e viceversa.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros