Traducións
Título Don Quixote
Autoras/es Nome  Mª. Xosefa Senín
 Valentín Arias López
 Xela Arias Castaño
 Xosé Antón Palacio Sánchez
Publicacións  El ingenioso hidalgo don Quijote de La Mancha
Ilustracións  Para ilustrar a portada elixiron un cromo popular de 1920 de Chocolates Amatller, que sacaron da páxina web do Quinto Centenario de Don Quixote.
Xénero  LIT_Narrativa_Novela
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2005
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 894 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-453-4022-0
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Dirección Xeral de
Localización e signatura  BUV FFT 869.9 =CER don
Fonte  Libro propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  Xesús Alonso Montero, “O primeiro ‘Quixote’ en galego”, La Voz de Galicia, “Fugas”, “Letras”, “Galego”, “Beatus qui legit”, 22 abril 2016, p. 6. Recorda que a primeira tradución ao galego do Quixote completo data de 1992 por Xuntanza Editorial e que foi traducida por un equipo que dirixiu Valentín Arias, tamén tradutor.
Premio(s)  
Observacións  A tradución, corrixida para adaptala á normativa actual, é a mesma que fixo en 1988 un equipo integrado por Valentín Arias López, Xela Arias Castaño, María Jesús Senín Fernández, María Xosefa S. Fernández, X. Antón Palacios Sánchez e Xavier Senín para unha edición ilustrada polos artistas galegos Laxeiro, Abelenda, Lodeiro, Conde Corbal, Alfonso Costas, Alfonso Sucasas, Moldes, Correa Corredoira, Lamazares, Virxilio, Alberto Datas e Leopoldo Nóvoa. Aquela versión, limitada a uns 300 exemplares, fora realizada por A Xuntanza-Boreal, que autorizou á Xunta para facer a edición de 2005. Existía, xa cando apareceu esta primeira tradución, o precedente de dous capítulos que traducira da obra cervantina Leandro Carré Alvarellos, que deu a coñecer en 1975 a Real Academia Galega.
Ficheiros