Título | Them and other stories |
---|---|
Autoras/es Nome | Benigno Fernández Salgado John Rutherford Xelís de Toro |
Publicacións | Percival e outras historias |
Ilustracións | |
Xénero | LIT_Narrativa_Relatos |
Lingua | Inglés (Reino Unido) - en GB |
Direccionalidade | Directa |
Ano | 1996 |
Edición | monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas | 193 p. |
Obra completa, Antoloxía | Antoloxía de Percival e outras historias. Contén: Philoctetes; The Gate; Grieih; (from O crepúsculo e as formigas) Men and the Night; (Retorno a Tagen Ata) Return to Tagen Ata; (from Elipsis e outras sombras) Labyrinth; Partisan 4; (from Crónica de Nós) Coffee Liqueur; Sibila; (from Amor de Artur) Cold Hortensia; Artur's Love; A Family of Surveyors; (from Arraianos) Them; The Old House of Arranhão; The Monk of Diabelle; Elastic Boots; Lobosandaus; The Castle on the Moors. |
Tipo de edición | 1ª edición |
ISBN | 0-9505188-4-0 |
Lugar de edición: editora, colección | Aberystwyth (País de Gales): Planet |
Localización e signatura | BUV, FFT 869.9 MEN the |
Fonte | Libro propio |
Soporte | Papel |
Introdución e notas | |
Textos críticos | Palacios, Manuela, “A destreza dunha orquestra de traductores”, Grial, nº 132, Tomo XXXIV, outubro-novembro-decembro 1996, pp. 563-565. Manuela Palacios analiza o traballo realizado polo Obradoiro de Traducción dirixido por John Rutherford, Xelís de Toro e Benigno Fernández Salgado, na súa traducción ó inglés dunha escolma de relatos de Xosé L. Méndez Ferrín publicada baixo o título Them and other stories (1996). Tras louva-la eficacia do labor de equipo, a autora salienta a “lealdade” ó texto orixinario e a “impecable redacción en lingua inglesa”. Segundo a recensionista, dita lealdade só aparecería minguada polo “relativismo lingüístico” e a “falta de isomorfismo léxico” entre ámbalas dúas linguas, observable principalmente no que respecta á linguaxe non normativizada empregada por Ferrín, verquida na traducción a un “inglés estándard” -desviación que para Manuela Palacios semella “insuperable”-, e á traducción de expresións coloquiais “que no texto inglés se neutralizan”. A autora sinala a importancia da breve introducción firmada por Xelís de Toro pola súa presentación de “información contextual imprescindible”. Con el comparte a autora o recoñecemento de semellanzas existentes entre T.S. Eliot e X.L. Méndez Ferrín sobre todo no que respecta á súa condición de “clásicos modernos” e ó tratamento do ciclo artúrico. Conclúe Manuela Palacios coa cualificación deste traballo como un “importante punto de partida” no eido da traducción galega. Gómez Clemente, Xosé Mª, “Them and other stories”, Viceversa, nº 3, “Críticas e recensións”, 1997, pp. 153-154. Principia constatando que as traduccións do galego a outras linguas son moi poucas, bardante o caso do castelán, no cal a situación é algo mellor. Neste contexto, alédase de que a editorial galesa Planet se aventurase a lanzar en 1996 Them and other stories, unha colección de textos de Xosé Luís Méndez Ferrín traducidos ó inglés por John Rutherford, Xelís de Toro e Benigno Fernández Salgado. Xulga positivamente a introducción composta por De Toro e enumera tanto os relatos que compoñen o volume coma as obras orixinais ás que pertencían. Sanmartín Rei, Anxos, “Them and other stories”, Galician Review, nº 1, 1997, pp. 108-109. Recensión sobre a traducción ó inglés dunha antoloxía da obra narrativa de X. L. Méndez Ferrín, editada en Gales en 1996, con textos seleccionados e traducidos por John Rutherford, Xelís de Toro e Benigno Fernádez Salgado. Comeza explicando o feito de que a traducción fose colectiva, o que engade unha multiplicidade de experiencias, perspectivas, opinións e matices que se revelan na calidade e riqueza da mesma. Valora a introducción da cultura galega no mundo de fala inglesa a través da súa literatura e a selección dun dos autores contemporáneos máis representativos en eminencia e talento. Afirma que o volume ofrece unha visión ampla da súa producción e inclúe as obras das que se traduciron os textos que se presentan. Achega algunhas características da obra ferriniana e comenta a dificultade que ofrece a traducción desta, pola escuridade do seu estilo literario e polo excelente emprego que fai do galego, felicitando finalmente ós traductores. |
Premio(s) | |
Observacións | Contén: "Them" ["Eles"], "The old House of Arranhão" ["Quinta velha do Arranhão"], "The Monk of Diabelle" ["O exclaustrado de Diabelle"], "Elastics Boots" ["Botas de elástico"], "Lobosandaus" ["Lobosandaus], "The Castle on the Moors" ["O castelo das poulas"] de Arraianos (1991). "Philoctetes" ["Philoctetes"], "The Gate" ["A cancela"], "Grieih" ["Grieih"] de Percival e outras historias (1958). "Coffee Liqueur" ["Licor-café"], "Sibila" ["Sibila"] de Crónica de Nós (1980). "Cold Hortensia" ["Fría Hortensia"], "Artur's Love" ["Amor de Artur"], "A family of Surveyors" ["Familia de agrimensores"] de Amor de Artur (1982). Return to Tagen Ata [Retorno a Tagen Ata], 1971; "Men and the night" ["Os homes e a noite"] de O crepúsculo e as formigas (1961). "Labyrinth" ["Labirinto"], "Partisan 4 ["Partisan 4"] de Elipsis e outras sombras (1974). |
Ficheiros |