Traducións
Título O parable ascenso de Arturo Uí
Autoras/es Nome  Sonsoles Cerviño López
Publicacións  Der Unaufhaltsame Aufstiege des Arturo Ui
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm., 166 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-89896-18-6
Lugar de edición: editora, colección  Santiago: Edicións Laiovento, Col. Teatro, nº 101
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 BRE auf
Fonte  Perseo
Soporte  Papel
Introdución e notas   Intro e notas da tradutora Parábola do ascenso ó poder de Hitler en Alemaña e da súa marcha sobre Austria.
Textos críticos   Montero Küpper, Silvia. En: Revista galega de teatro, N.º 18, pp. 81-83. Katabek, Johannes, “Galicische Studien an der Universität Paderborn”, Galicien Magazin, nº 3, marzo 1997, pp. 12-13. Céntrase nos diferentes estudios levados a cabo na Universidade de Paderborn. Entre eles saliéntanse no eido literario as contribucións de Sonsoles Cerviño coa traducción ó galego da obra O parable ascenso de Arturo Ui (1998), de Bertold Brecht, e tamén a levada a cabo por J. Santoro de Mebiela coa traducción á nosa lingua de Himnos á noite (1997) de Novalis. Recensións: -Xosé M. Eiré, “Ou como nace o nazismo”, A Nosa Terra, nº 825, “Guieiro Cultural”, 8 abril 1998, p. 23. Refírese ó autoritarismo con motivo da celebración do Día Internacional do Teatro en Galicia “enlamados nunha hipócrita polémica”. Fala tamén da vixencia da obra a propósito deste tema e alude á correspondencia entre Ui e Hitler. A continuación céntrase na concepción que ten Brecht do teatro como catarse social e apunta concomitancias entre este autor e Valle-Inclán en canto á consideración do teatro como instrumento, á riqueza lingüística ou á estética do distanciamento. Sobre a representación de Valle- Inclán en castelán por parte do Centro Dramático Galego pregúntase se era preciso e se a cultura galega gaña algo con ela. Considera que tería sido mellor representala en portugués e que “vai sendo hora de esixir a dimisión de incompetentes e compadriñas”. Conclúe aconsellando a lectura de O parable ascenso de Arturo Ui, e afirma que o seu autor “sendo alemán xa é máis galego que o manco do esperpento”. Ademais felicita á traductora e editora por lembrar a esta figura transcendental na historia do teatro. -Martínez Bouzas, “Aniquilade a Ui”, O Correo Galego, “Revista das Letras, Artes e Ciencias”, nº 22, 13 agosto 1998, p. 6. Fai un pequeno salto atrás temporal para analiza-la obra O parable ascenso de Aturo Ui, de Bertold Brecht. Sitúaa, xa que logo, no seu contexto histórico, isto é, no momento de ascensión do nazismo ó poder. Considera que esta peza teatral é unha das mellores obras que ten escrito Brecht xa que nela se narra unha parábola na que se pode ler entre liñas o ascenso do forzas de Hitler na Alemaña e o perigo que iso conlevaba. -Manuel F. Vieites, “Bertold Brecht entre nós”, Guía dos libros novos, nº 2, “Literatura. Teatro”, decembro 1998, p. 29-30. Salienta a influencia deste autor na literatura dramática galega e di que é moi interesante este libro debido ás poucas obras teatrais publicadas despois de O señor Puntilla e o seu criado Matti, do mesmo autor, que dirixiu Manuel Lourenzo no 1966. Informa que a “transversalidade” deste creador chega á creación dramática galega porque atende a “dimensión social e reinvindicativa da nosa creación artística” e que isto xustifica o peso significativo das correntes realistas na creación cultural de Galicia. Recolle as palabras ditas por Brecht en El compromiso en literatura y arte para resalta-la importancia da realidade como base na literatura. Afirma que a pegada deste autor nas obras galegas débese á necesidade doutros puntos de vista para escribir e recrear “unha realidade conflictiva e problemática” e que moitos deles asumiron o “doble compromiso do fundador Berliner Ensemble” entre a tradición e a modernidade no texto. Logo menciona a Luís Seoane (1910-1979) como un dos primeiros creadores que asume o modelo brechtiano e observa a influencia de Brecht en autores como Daniel Cortezón, Agustín Magán, Euloxio R. Ruibal, Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e no grupo da promoción dos oitenta (Manuel Guede, Xosé Manuel Pazos e Camilo Valdeorras). Cualifica o libro de parábola teatral e aclara, coas verbas do autor, que o seu obxectivo é “explicarlle ó mundo capitalista que o ascenso de Hitler foi posible polo feito de atoparse este transferido a un ambiente moi coñecido por aquel”. Referencias varias: -A. R. López, “Cen números de liberdade”/“Laiovento’ cumpre cen libros ‘editados en liberdade”, O Correo Galego/El Correo Gallego, 19 febreiro 1998, p. 43/p. 14.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros