Textos críticos |
- Estro Montaña, “Arredor do sexo prohibido”, Faro de Vigo, “Faro da Cultura”, n.º
563, “Libros”, 3 decembro 2015, p. VI/ La Opinión, “Saberes”, n.º 518, “Letras
galegas”, 12 decembro 2015, p. 10.
- Xoán Carlos Domínguez, “Thomas Mann en galego”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, nº XCIX, 29 setembro 1995, p. 3.
______, “A morte en Venecia”, Revista Galega do Ensino, nº 12, maio 1996,
pp. 245-247.
Recensión da traducción (1995) de L. Araújo de A morte en Venecia, de Thomas Mann.
Saliéntase o neorromanticismo, o modernismo e o impresionismo que se mesturan nesta obriña
publicada en 1912, unha das novelas curtas “máis perfectas da literatura occidental”. Coméntase
que asistimos á evolución da interioridade dun personaxe antagónico, Von Aschenbach, vello
namorado dun adolescente, no marco dunha Venecia decadente “carcomida pola peste nos
tempos inmediatos ó estoupido da Primeira Guerra Mundial”. Ana María Platas salienta o “rigor” e
“perfección”, a “escrupulosa fidelidade” do labor de traducción de Araújo. |
Observacións |
Novela curta. O libro ábrese cunha presentación, a cargo do traductor, na que se dá conta da traxectoria biobibliográfica de Thomas Mann (Lübeck, 1875-Zurich, 1955), para logo se centrar na análise dalgúns aspectos da obra, como a inspiración na figura de Goethe e de Mahler para a creación do protagonista, o conflicto xurdido da dialéctica de ser burgués e artista, a serie de símbolos premonitorios que conclúen coa morte do personaxe ou a interpretación da obra. A morte en Venecia narra a caída de Gustav von Aschenbach, que toda a vida se entregara ó cultivo do espírito e se esforzara por consegui-la dignidade, nos terreos da paixón polo sentimento de desexo que nel produce a contemplación do adolescente Tadsio. A novela remata coa morte do artista a causa dun andacio de cólera na equilibrada e caótica Venecia, contradicción que tamén define ó protagonista. |