| Observacións |
Adaptación /Versión [Non existe copia editada]
O 23 de agosto de 1966, no auditorio portátil de Festivales de España, instalado na praza de María Pita, e no marco do II Certamen de Teatro Nuevo, organizado polo concello, o Grupo de Teatro O Facho representa a obra de Max Frisch, en versión de Manuel Lourenzo e Enrique Harguindey, O señor Bonhome e os incendiarios, unha peza didáctica sen ensinanza que nos remite á realidade política.
Foron actores: José Manuel Vázquez, Mª Dolores Paredes, Mª Carmen Deus, Fernando Porto, Juan Mª Castro, Manuel Lorenzo, Enrique Harguindey, María José Lorenzo, José Ribeiros, Juan Cejudo, Alfredo Ferreiro, Manuel Romero, Andrés Salgueiro e Eduardo Tejerina. Fixo o decorado Leopoldo Pérez. Banda sonora a cargo de Adolfo Ribas e luces de José Luís Cardero. |