Título | Contos de Hoffmann |
---|---|
Autoras/es Nome | María do Carme Torres París Xavier Rodríguez Baixeras |
Publicacións | [Contos de Hoffmann] |
Ilustracións | Javier Serrano, Judit Morales, Adrià Gòdia, Manuel Ortega, Javier Sáez e Ricard Castells. |
Xénero | LIT_Narrativa_Relatos |
Lingua | Galego - glg |
Direccionalidade | Indirecta |
Ano | 2000 |
Edición | monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas | Cartoné, il. col. 31x24 cm, 304 p. |
Obra completa, Antoloxía | Antoloxía de contos de E.T.A. Hoffmann Este volume, de formato grande e pastas duras, presenta unha edición de catro dos contos de Ernst Theodor Amadeus Hoffmann –”O Crebanoces e o rei dos ratos”, “O neno descoñecido”, “O mestre Marin o toneleiro e os seus oficiais” e “O home da area”–, dos orixinais alemáns incluídos na colección de contos Serapionsbrüder ("Os irmáns de San Serapión") e Nachtstücke ("Pezas nocturnas"). |
Tipo de edición | 1ª edición |
ISBN | 84-8302-575-2 |
Lugar de edición: editora, colección | Vigo: Edicións Xerais |
Localización e signatura | |
Fonte | ISBN |
Soporte | papel |
Introdución e notas | Introd. Luís Mateo Díez, apéndice Juan Tebar. Introdución: “Castelos no aire” (pp. 5-12), na que Luís Mateo Díez reflexiona acerca da importancia que os contos escoitados ou lidos na infancia teñen na formación da personalidade do futuro adulto, ademais de lembrar os seus primeiros contactos coa obra de Hoffmann, ao que considera autor de grandes mundos imaxinarios nos que non está ausente a infelicidade, o misterio, o sinistro, a música e o romántico. Para rematar, achégase individualmente aos contos escolmados. No apéndice, titulado “Catro rostros dun home máxico” (pp. 291-301), Juan Tebar recorre cada un dos contos incluídos neste volume para achegarnos ao seu proceso creador e á situación vital pola que estaba a atravesar Hoffmann en cada momento. |
Textos críticos | -M. Blanco Rivas, “Contos tradicionais para todas as idades”, Faro de Vigo, “El Sábado”, nº 190, 30 decembro 2000, p. 2. De entrada, describe o volume e afirma que reproduce as “ledicias e terrores predilectos” do lector, amais de amosar as diversas facetas do escritor. Seguidamente, fala minimamente dos catro contos, “divertidos, fabulosos, estarrecedores”, que non perden frescura en galego. |
Premio(s) | |
Observacións | Tradución comercializada como LIX. Tradución dende o castelán ? |
Ficheiros |