Traducións
Título A máquina de facer zume de laranxa
Autoras/es Nome  Franck Meyer
Publicacións  Die Orangensaftmaschine
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1998
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  22 cm, 123 p.
Obra completa, Antoloxía  Selección de Franck Meyer
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-87783-49-x
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Edicións Positivas, Col. Di-versos
Localización e signatura   BUV, FFT 869.9=03 BRI maq
Fonte  Perseo
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  Antoloxía de poemas de Rolf Dieter Brinkmann (Alemaña, 1940-1975). Está formada por poemas tirados de nove poemarios —Le chant du monde (1963-1964); &-Gedichte (1966); Was fraglich ist wofür (1967); Godzilla (1968); Die Piloten (1968); Standphotos (1969); Gras (1970); Eiswasser an der Guadelupe Str. (1974-1985) e Westwärts 1&2 (1972)—, que pretenden ofrecer unha panorámica xeral da súa obra. O libro está encabezado por un limiar titulado “Rolf Dieter Brinkmann: poesía e pracer” da autoría do traductor dos poemas Frank Meyer, que expón brevemente os seus criterios de escolla e as liñas básicas da obra poética do escritor. A seguir aparecen os poemas agrupados baixo o título de cada un dos poemarios en que foron publicados e seguindo unha orde cronolóxica que permite ó lectorado ver con claridade a evolución poética de Brinkmann. Trátase de poemas de composición libre —sen rima, poemas narrativos, heterosilábicos, etc.ó que reflicten instantes, imaxes fugaces que o autor quixo plasmar por escrito. Hai por iso un predominio do cotián, poetizado con palabras simples e comúns, que cunha explosiva mestura evocan unha rebeldía que domina todo o libro. Tamén se mostra irónico, acedo e, por veces, irascible para reforza-la forte crítica social do poemario, que se ve adubada pola “sensualidade dunha literatura debedora dos sentidos”, en palabras de Frank Meyer. Recensións: -A. C. M., “Poemas onde non habita ningún heroe”, El Mundo. Galicia, 8 xuño 1998, p. 11. Faise unha pequena introducción á obra do poeta alemán Rolf Dieter Brinkmann, para despois sinala-la aparición dunha antoloxía da obra deste autor en lingua galega: A máquina de facer zume de laranxa (1998), traducida por Frank Meyer en Edicións Positivas. Segundo se di no artigo, o poemario pode considerarse “un percorrido indicativo polas distintas etapas poéticas de Brinkmann”. Asemade, coméntase que o libro representa a mestura do poeta “gamberro” co “poeta fondo de versos graves”. Tamén se sinala que esta é a primeira traducción deste autor nunha das linguas estatais. -Vicente Araguas, “Poesía pop”, O Correo Galego, “Revista das Letras, Artes e Ciencias”, nº 17, 9 xullo 1998, p. 6. Logo de facer unha introducción á música e sobre todo á arte pop, céntrase no poemario A máquina de facer lume de laranxa e compárao con Poemas a la hora de comer, de F. O’Hara. Deste xeito comenta paralelamente a situación da época, a obra doutros escritores coñecidos e a do alemán Brinkmann. Remata felicitando a Edicións Positivas por se atrever a publicar obras deste tipo. Referencias varias: O. N., “O prezo das laranxas”, Tempos Novos, nº 15, “Voces e Culturas. Crítica. Libros”, agosto 1998, 59. Anuncia a publicación de A máquina de facer zume de laranxa. Valora a aposta da colección “Di-versos” de Edicións Positivas por publicar obras que achegan “a frescura e sempre a crítica implícita que desde as aforas do canon”. Sinala ademais que se trata dunha poesía na liña da arte pop, que nos devolven “ó ruído, ó saibo da vida cotiá, ó escepticismo radical desde o que contemplar a sociedade, as pautas ríxidas que regulan a vida, o movemento das terras que modifica o prezo das laranxas.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros