Traducións
Título O xigante Mapoulas
Autoras/es Nome  Ramón Rocamonde Gómez
Publicacións  El gigante Amapolas
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1995
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  20 cm, 58 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-7824-232-5
Lugar de edición: editora, colección  Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, A Biblioteca do Arleq
Localización e signatura  BUV, Bca Campus Pontevedra BCP 869 711
Fonte  LIX
Soporte  Papel
Introdución e notas  Presentación de Manuel F. Vieites García
Textos críticos  -Carlos L. Bernárdez, “O xigante Mapoulas”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, 29 setembro 1995, p. 3. Dá conta da publicación desta obra. Trátase dunha peza teatral do avogado, articulista e ensaísta arxentino Juan Bautista Alberdi. Atopámonos, segundo o recensionista, diante dunha “obra de tese”, de manifesta crítica política”, e que “sorprende polo seu atrevemento e orixinalidade”. - X. X. Ron, “O humor e a alegoría ou o teatro da vida”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 11 xuño 1995, p. 6. Sucinta recensión conxunta de dúas obras aparecidas na colección A Biblioteca do Arlequín: Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo Branco chamado Beliador e O xigante Mapoulas, de J.B. Alberdi. Con respecto a esta última obra, salienta a importancia da alegoría, o simbolismo do xigante, que representa a dictadura, eo e xército liberador, e así mesmo a construcción dos personaxes.
Premio(s)  
Observacións  Despois da presentación de Manuel F. Vieites, iníciase esta obra teatral que leva por título O xigante Mapoulas e os seus formidables inimigos ou sexa fastos dramáticos dunha guerra memorable. Trátase dunha peza cómica nun só acto na que se narran as vicisitudes dun exército que, guiado polas mentes quixotescas dos seus superiores, non se atreve a enfrontarse cun xigante de palla. Será un sarxento quen, ó final da obra, rompa a tradición e se proclame vencedor sen ningún esforzo. Cómpre salienta-lo tránsito constante que se produce entre o cómico e o tráxico, a utilización dunha lingua xa preferentemente coloquial e a presencia da ironía e do sarcasmo que se desprende das páxinas da obra.
Ficheiros