Título | Rubaiyat |
---|---|
Autoras/es Nome | Miguel González Garcés |
Publicacións | Rubáiyat Medulio |
Ilustracións | Debuxos de Alfonso Abelenda et al. |
Xénero | LIT_Poesía |
Lingua | Galego - glg |
Direccionalidade | Sen mención |
Ano | 1992 |
Edición | monolingüe |
Formato, volume, fascículo, número, páxinas | 21 cm, 67 p. |
Obra completa, Antoloxía | |
Tipo de edición | 1ª edición |
ISBN | Edigal: EDC-20015 |
Lugar de edición: editora, colección | A Coruña: Deputación, D.L. |
Localización e signatura | BUV FFT 869.9=03 OMA rub |
Fonte | Perseo |
Soporte | papel |
Introdución e notas | |
Textos críticos | ______, “Envexa dos bos e poucos poetas que conmoven”, O Correo Galego/El Correo Gallego, “Os outros días”, 27 setembro 1996, p. 64/p. 4. Partindo da base de que bos poetas hai poucos, Conde comenta os libros de versos que está a ler no momento de redactar este artigo. O primeiro a traducción das Rubáiyat (1996), de Omar Khayyám, feita por Plácido Castro dende a traducción primeira de Edward Fitzgerald, editada en galego e en inglés por Antonio R. de Toro Santos. Considera que esta edición é moi exacta e precisa, pero prefire a vella edición de Losada xa que, a pesar de que contiña imperfeccións, eran tan oportunas que dotaban ós versos blancos da levidade da que carecen os da versión que está a ler. O segundo libro ó que se refire é Om (1996), de Antonio R. López, publicado por Espiral Maior que, na súa opinión, contén versos cheos de forza e de verdade. |
Premio(s) | |
Observacións | |
Ficheiros |