Textos críticos |
Magdalena de Rojas, “H. C. Andersen. O patiño feo”, Fadamorgana, nº 2, “Novidades”, outubro 1999, p. 70.
Despois de sinalar que Andersen relatara neste conto o longo camiño que por veces hai que percorrer ata atopalo
reflexo dun mesmo, declara que Manuel Rodríguez adapta esta historia para Kalandraka seguindo a liña de
versións fieis ós orixinais, que mantén esta colección. Tamén se refire ó labor da súa ilustradora, Ana Sande,
que realiza un traballo “expresivo e dinámico”, no que ofrece diferentes puntos de vista e perspectivas “que non
sempre están perfectamente conseguidas pero que fan deste álbum, xunto coa gracia e calidade dos debuxos”,
un libro recomendable para lles presentar por vez primeira esta historia ós máis miúdos. |