Textos críticos |
Pereira, Juan M., “¿Qué me quieres, amor?”, Quimera, “Escaparate”, nº 148,
xuño-xullo, 1996, p. 71.
Recensión sobre a versión castelá da obra ¿Que me queres, amor? (1995), de Manuel Rivas,
publicada pola editorial Alfaguara en 1996. Segundo Pereira, esta obra amosa a madurez dun
escritor novo, unha imaxinación fértil e unha escritura potente. Considera que esta obra de Rivas
se sitúa entre a prosa poética e o relato realista e que contén sátira moral, fondura afectiva e
humorismo revelador. Por último, analiza algún dos relatos contidos en ¿Qué me quieres, amor?
e lamenta que non sempre se traduzan as linguas peninsulares non castelás para propaga-los
bos escritores, como Manuel Rivas. |