Traducións
Título Galicia vista por un inglés
Autoras/es Nome  Xosé María Gómez Clemente
Publicacións  Spanish Galicia
Ilustracións  
Xénero  NON-FIC_Ensaio
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Sen mención
Ano  1994
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  220 p. 23x15 cm
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-7154-892-5
Lugar de edición: editora, colección  Vigo: Editorial Galaxia, Col. Galicia no espello, 1
Localización e signatura  BUV, FFT 461 BEL gal
Fonte  Viceversa//ISBN
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  Aubrey F. G. Bell (Cumberland, 1881-1950) publicou en 1922 o libro de viaxes Galicia vista por un inglés, froito das súas vivencias no noroeste peninsular. O libro consta dun limiar, onde o autor explica por qué escribiu este libro sobre Galicia e as súas xentes, e de seis capítulos: a xente, o país, Lugo, A Coruña, Pontevedra e Ourense. Tamén presenta ao final unha serie de apéndices onde recompila varios poemas da lírica medieval (Airas Nunes, Meendinho, Joan Zorro), coplas populares, poemas de autores do Rexurdimento (Eduardo Pondal, Curros Enríquez e Rosalía de Castro) e un vocabulario galego-inglés. No primeiro capítulo dedicado ás xentes, o autor define, á súa maneira, o carácter e o comportamento do pobo galego, comparándoo con outros pobos. No capítulo sobre o país, ofrécenos unha rápida imaxe sobre o clima, a fauna e flora da terra galega. Xa nos capítulos dedicados ás catro provincias galegas o que fai Aubrey F.G. Bell é unha guía turística, na cal destaca os concellos, os monumentos, as festas máis importantes de cada provincia... Tampouco se esquece de falar dos costumes, das festas de cada poboación, aínda que se centra sempre nas cidades ou vilas máis importantes da xeografía galega, como Lugo, Vilalba, Mondoñedo, Monforte de Lemos, A Coruña, Santiago de Compostela, Corcubión, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Cangas, Ourense, Ribadavia, etc.
Ficheiros