Textos críticos |
-Darriba, Manuel, “A puta vida”, El Progreso,“Táboa redonda”, 2ª época, nº 5,
23 novembro 1996, p. 3.
Comenta que cando Ford escribiu Vida brava non era aínda “o autor que hoxe florece nos
cenáculos dos modernos”, se ben a súa prosa xa tiña a textura delicada e a abraiante capacidade
plástica que logo levaría a consecuencias extremas. Salienta a presentación de personaxes
carnais e a matizada recreación de ambientes e, tras facer un breve resumo da trama argumental,
remata gabando a traducción ó galego (1995) de Xosé Mª Gómez Clemente.
______, “Vida Brava”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, nº CXVI, 2 marzo 1996,
p. 3.
Analiza o contido e a estructura da novela de Richard Ford, Vida brava, traducida ó galego en
1995. Apunta algunhas das ensinanzas que se poden derivar desta obra e sinala que se trata
dunha lembranza selectiva da realidade cotiá que supón un maduramento persoal, unha
“educación especial”, narrada dun xeito áxil e vivo, o que transmite unha sensación de
visualización próxima á técnica cinematográfica. |
Observacións |
A novela de R. Ford (Jackson-Mississippi, 1944) sitúanos na cidade de Great Falls, en Montana, no outono de 1960. O narrador protagonista, un rapaz de dezaseis anos, vive con confusión a marcha do pai ás montañas para sufoca-los incendios que ameazan con estenderse ata a cidade e os desexos de independencia e de fuxida da rutina da nai, que dun día para outro se converte na amante dun home rico, Warren Miller. A confusión que conleva a inocencia rota leva a Joe á madurez, á comprensión da vida dende unha nova perspectiva, como unha sucesión de feitos ocasionais e repentinos que pasan deixando consecuencias que cómpre asumir. |