Textos críticos |
- Anxo Tarrío Varela, “O noso Stendhal”, O Correo Galego, “Recanto do Cataventos”, 10 decembro 1995,
- Francisco J. Gil, “Stendhal fue uno de los escritores que más influyó en Cunqueiro”, Faro de Vigo, 27 decembro 1995, p. 37.
- Mayoralas, Xosé, “A cartuxa de Palma”, Viceversa, “Críticas e recensións”, nº 2,
1996, pp. 235-237.
Xosé Mayoralas considera acertada e esmerada a traducción ó galego, por parte de Xermán
Palacios, de A cartuxa de Palma (1995), de Stendhal. Non obstante, sinala algúns erros
lingüísticos nos que o traductor desvía o auténtico sentido do orixinal.
______, “Espontaneidade e análise”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 10 marzo
1996, p. 7.
Comenta a versión galega, a cargo de Germán Palacios Rico, de A Cartuxa de Parma (1995), de
Sthendal, destacando que se trata da primeira ocasión na que este autor é traducido ó galego e
Galaxia inicia este labor precisamente cunha das súas obras máis universais. Conclúe indicando
que, tanto pola análise dos caracteres, a psicoloxía e o estilo preciso, coma por algunhas pasaxes
logradísimas, este volume non deixa de ser atractivo para o lector actual.
- ______, “Stendhal gaña a aposta”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 90,
11 xaneiro 1996, p. 6.
Breve comentario da traducción ó galego da novela clásica A Cartuxa de Parma (1995), no que o
crítico salienta o mundo ateigado de brillantez e voluptuosidade que podemos atopar nas súas
páxinas. |
Observacións |
Novela que transita entre a crónica social e a novela histórica, vencellando dun xeito perfecto ámbolos dous aspectos. A crónica social mostra unha rede de intrigas na pequena corte de Parma rexida por un soberano despótico no imperio da vaidade e da vida social. A historia recupera a Napoleón como figura mítica e política idealizada por Fabricio del Dongo, o protagonista central do relato. Stendhal (Grenoble, 1783-París, 1842) presenta a loita do individuo contra a sociedade para conseguir unha identidade de seu, a liberdade de actuación para cumprilos seus desexos. Esta individualidade afírmase pola enerxía, virtude constante dos heroes sthendalianos, manifesta nesta ocasión na Duquesa Sanseverina, a personaxe mellor trazada e de máis peso en todo o relato, dominadora das situacións a través do poder da palabra e do control dos mecanismos que rexen a sociedade. A traducción ó galego permite gozar dunha obra clásica da literatura universal. |