Obra completa, Antoloxía |
Antoloxía
Selección de textos de autores estranxeiros traducidos ó galego por Ricardo Terco. Ábrese a presente compilación de relatos cunha introducción de Gonzalo Navaza (Lalín-Pontevedra, 1957) na que, ademais de establecer unha primeira división entre as nocións de fantástico e marabilloso, fai un percorrido pola historia do xénero fantástico, analizando os temas e motivos máis recorrentes. A continuación, inclúe un itinerario pola xénese e desenvolvemento desta corrente, dende o mestre alemán Hoffman (1776-1822) ata o tratamento do mesmo na literatura galega, tradición iniciada por Contos, lendas e tradicións (1891), de Heraclio Pérez Placer, e ata as últimas entregas de Darío Xohán Cabana, Paco Martín, García Bodaño ou Camilo Gonsar, entre outros.
Tamén fai unha pequena selección entre a nómina de autores que, alén das nosas fronteiras, traballaron o xénero. “A caída da casa de Usher”, de E.A. Poe é o relato encargado de abri-la selección, seguido por P. Mérimee, S. le Fanu, A.B. Edwards, G. de Maupassant, F. M. Crawford, W.W. Jacobs, H.P. Lovecraft, que con “O estraño”, é o autor que pecha o libro. |