Observacións |
Antoloxía das cantigas de escarnio dos trobadores galego-portugueses, xénero no que se
inclúen tanto as pezas de ton satírico e burlesco (sátiras morais, literarias, maledicencias
persoais...), como as que, por defecto, non presentan trazos claros da tipoloxía de amor
ou amigo. A importancia destas pezas radica, pois, na enorme riqueza de termos
relativos ao corpo humano, ao vestiario, a unha paisaxe urbana, que contén. Simone
Marcenaro estrutura o seu traballo sobre dous piares fundamentais. Unha introdución
que contén un breve estudo sobre o xénero de escarnio: tradición manuscrita das
cantigas conservadas, temas e recursos retóricos máis importantes nestas composicións
e autores que cultivaron este xénero poético. Non obstante, o groso da monografía
constitúeo a antoloxía de textos, acompañados da súa correspondente tradución ao
italiano e de aclaracións a vocábulos ou termos ambiguos ou de difícil interpretación. O
estudo péchase cun listado bibliográfico. |