Textos críticos |
Sen sinatura, “Sobrevivir nos soños”, Revista Galega de Educación, nº 24, xullo-agosto-setembro
1995, 81.
Recensión na que, despois de reflexionar sobre a pouca frecuencia de traduccións ó galego de
libros portugueses, pásase a compara-la obra O home que non quería soñar, de Álvaro Magalhães coa de
Manuel Antonio Pina, sobre todo na linguaxe e no artellamento da obra. Fala un pouco das dúas partes que
compoñen o libro de Magalhães. As historias breves da primeira, nas que o xogo co sentido das palabras e
expresións é abundante, repítense na segunda. As do absurdo e as reflexións sobre as cousas que
poderían ser e non son, a autocomplacencia, o narcisismo e a necesidade sentida en determinados
momentos de posuír cualidades impropias da condición humana son típicas da primeira parte. A segunda énchese sobre
todo dun bestiario de insectos. Historias breves con ácedas reflexións sobre a insensatez humana. A
ilustración non rouba protagonismo ó texto. O estilo é sinxelo e foxe do realismo. |