Traducións
Título Galician Songs
Autoras/es Nome  Erín Moure
Publicacións  Cantares gallegos
Ilustracións  
Xénero  LIT_Poesía
Lingua  Inglés (Reino Unido) - en GB
Direccionalidade  Directa
Ano  2012
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  14 x 1 x 21.6 cm 184 p.
Obra completa, Antoloxía  Obra completa 1º libro completo de Rosalía de Castro traducido ao inglés.
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  9789543840120
Lugar de edición: editora, colección  Small Station Press, Col. Galician Classis, 4 Xunta de Galic
Localización e signatura  
Fonte  http://www.smallstations.com/
Soporte  
Introdución e notas  Erin Moure. “Na introdución comento o seu contexto histórico, pero eu non quero situala nun tempo pasado, como un feito histórico, folclórico ou minoriatia. Nada diso. Quero situala como poeta contemporánea. A súa contemporaneidade aínda nos fala do século XXI”, explica Erín Moure, quen ademais destaca a universalidade da autora. “A súa poética non é importante unicamente para Galicia, é importante para nós, xente que le e escribe en inglés”, sentencia a tradutora.
Textos críticos  En: http://praza.com/cultura/1626/a-traducion-ao-ingles-de-cantares-gallegos-lanzarase-ao-mercado-anglosaxon-a-finais-de-ano/ Até agora, da poesía en galego de Rosalía de Castro, só houbo catro escolmas que contan cunha media de corenta poemas de todos os seus libros”. As antoloxías son Poems of Rosalía de Castro (Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Madrid, 1964), cuxa tradución correu a cargo de Charles David Ley a partir dunha escolma realizada por Filgueira Valverde; Poems (State University of New York, 1991), de Anna-Marie Aldaz, Barbara Gantt e Anne Bromley; Selected Poems (Shearsman, 2007), con traducións de Michael Smith, e The Poetry and Prose of Rosalía de Castro, cuxa tradución levárona a cabo John e Aileen Deve no ano 2010. Precisamente, a primeira destas antoloxías, a de Filgueira Valverde, é considerada coma o primeiro libro da literatura galega levada ao inglés, segundo explica o propio Jonathan Dunne no seu estudo De Rosalía a Manuel Rivas: análise da tradución galego-inglesa (1964-2010). Parte da poesía de Rosalía, ademais destas antoloxías e de traducións de poemas soltos, tamén se recolleu na tradución realizada dunha escolma tirada de En las orillas del Sar en 1937 por Griswold Morley. O título desa escolma foi Beside the river Sar. Selected poems from En las orillas del Sar by Rosalia de Castro e o volume tampouco incluía a totalidade dos poemas da citada obra rosaliana.
Premio(s)  
Observacións  Corrección de Jonathan Dunne. Cuarto título da colección Galician Classics da editorial, na que se inclúen as traducións da obra de Lois Pereiro, Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, e Xente de aquí e dacolá, de Álvaro Cunqueiro. Durante un concerto adicado á musica iberoamericana (15/01/15), os BBC Singers interpretaron unha peza do compositor británico Daniel Saleeb da que a letra está tomada do refrán e da 1ª sección do poema Has de cantar, incluído en Cantares Gallegos (ed. 1872) e traducida para Small Stations por Erin Moure. http://www.bbc.co.uk/programm O Xornalista X. Fraga entrevistou para La voz de Galicia ao compositor, quen manisfestou o desexo de que a peza se interprete en Galicia. Fonte:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2015/01/06/coro-da-bbc-cantara-rosalia/0003_201501H6P349920.htm
Ficheiros