Textos críticos |
- Angueira, Anxo, “Trece poetas cataláns”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”,
nº CXV, 10 febreiro 1996, p. 2.
Ó longo deste artigo, faise unha análise do contido do libro Trece poetas cataláns (1995). Despois
de cita-los distintos poetas cataláns, baleares e valencianos recollidos nel, dedica un comentario ó
labor de Xavier R. Baixeras, responsable da selección, da traducción e do limiar, gabando a súa
figura e resaltando a súa idoneidade para esta tarefa.
______, “Trece poetas cataláns”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 114,
27 xuño 1996, p. 6.
Parte da importancia de coñece-la literatura das culturas periféricas de modo directo e fai un
comentario da antoloxía bilingüe, Trece poetas cataláns (1995), de Xavier R. Baixeras. Na súa
opinión, trátase da traducción de Les veus de l’experiencia, de Jordi Llavina, á que se engaden
cinco autores máis. A continuación, fai un percorrido ó longo do artigo por cada un dos autores
antologados destacando diversos aspectos dos mesmos. Remata cunha valoración positiva da
obra, á que considera equilibrada.
- ______, “Un triángulo de rexións poéticas”, El Mundo, 17 marzo 1996, p. 4.
Comentario da obra Trece poetas cataláns (1995), antologada por Xavier Rodríguez Baixeras, da
que afirma que é, practicamente, a traducción de Les veus de l’experiència, antoloxía feita por
Jordi Llavina en 1992, engadíndolle cinco poetas máis. Céntrase no feito de que non se trata
dunha antoloxía de xeración senón da experiencia, e destácase a idea do intercambio poético,
pois en Cataluña contaban xa cun libro similar para coñecer ós poetas galegos, Sis poetes
gallecs. |
Premio(s) |
Escolma bilingüe da poesía catalana dos anos 70 e tamén dunha parte dos 80. No limiar introductorio X. Rodríguez Baixeras (Tarragona, 1945) indícanse, a teor dos estudios sobre esa que foi chamada “nova poesía”, as motivacións de tal mostra antolóxica, conectada parcialmente coa que se chamou “poesía da experiencia”, e as claves poéticas xerais, nunha época de grande presencia da vangarda -en especial o surrealismo, a poesía obxectualista e a poesía visual-e doutros tipos de poesía. Os autores antologados son: Joan Margarit, Marta Pessarrodona, Narcís Comadira, Francesc Parcerisas, Antoni Marí, Pere Gimferrer, Josep Piera, Jaume Pont, Pere Rovira, Maria-Mercè Marçal, Miquel de Palol, Marc Granell e Alex Susanna. |