Textos críticos |
-Alfredo Conde, “A importancia da fala e da búsqueda da beleza”, O Correo Galego/El Correo Gallego, “Os
outros días”, 20 decembro 1996, p. 48/p. 4.
Refírese á traducción da novela Mr. Vértigo, de Paul Auster, que fixo Xosé Antón L. Dobao, editada por
Sotelo Blanco. Opina que o galego utilizado nesta traducción fai fermosa unha novela máis ben
intranscendente e reiterativa.
Castro, Xavier R., “Deixarse evaporar”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 6 abril 1997, p. IX.
Recensión sobre a traducción ó galego da novela Mr. Vértigo (1996), de Paul Auster, realizada
por Xosé Antón L. Dobao e publicada pola editorial Sotelo Blanco na colección Medusa Narrativa.
Descríbese o argumento e a estructura narrativa da novela e saliéntase o interese que debe
suscita-la lectura desta “atractiva narración”.
Darriba, Manuel, “Voar, que bonito”, El Progreso, “Táboa Redonda”, Segunda Época,
nº 13, 18 xaneiro 1997.
Coméntanse os dous eixes fundamentais da obra Mr. Vértigo (1994, traducción 1996), de Paul
Auster: a presencia de etnias minoritarias nos Estados Unidos, mais básicas na conformación
humana deste país, e o feito de voar “como símbolo de vivir en liberdade”. Catalógase esta obra
como novela de aprendizaxe e o seu autor como o mellor fabulador estadounidense. Faise notar
que este libro corresponde á época máis actual de Paul Auster e gábase a traducción realizada
por Xosé Antón L. Dobao. |