Textos críticos |
-F. Martínez Bouzas, “Unha viaxe, unha metáfora”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 112, 13
xuño 1996, p. 6. Indícase que Antonio Tabucchi é moito máis ca un grande coñecedor e solidario con
Portugal, un mosaico complexo que pode lerse de xeito global. O seu universo é sombrizo, atormentado e
próximo ós dominios do ambigüo, á vez que cosmopolita. Pola súa banda, afirma que o libro que dá pé ó comentario representa
a vella idea da metáfora como metáfora da vida.
-Xosé Manuel Freire, “Nocturno hindú”, Faro de Vigo, “Faro das Letras”, nº CXXX, 22 xuño 1996, p. 3. Para
X. M. Freire esta é unha obra de difícil clasificación xenérica (a medio camiño entre a novela e o libro de
viaxes). Considera o crítico a Tabucchi un narrador “fino, elegante e dunha aparente sinxeleza” aínda que a
complexidade está sempre presente nas súas obras, como neste caso acontece co argumento (dunha
viaxe planeada pásase a unha busca case surrealista). Remata o artigo salientando o que de xogo existe
neste Nocturno hindú: xogo nas palabras, xogo na falsificación dos contextos e, finalmente, xogo de
posicións (entre o que mira, dende ónde mira e cómo mira).
______, “Os círculos do inferno/Nocturno hindú”, Galicia Internacional, nº 12,
1996, p. 87.
Recensión de dúas traduccións aparecidas en 1996: Os círculos do inferno, edición bilingüe
galego-castelán, do poeta canario Justo Jorge Padrón, e Nocturno hindú, traducción do italiano
Antonio Tabucchi. Nos dous casos, a recensionista pon de manifesto as liñas argumentais e
temáticas que gobernan ámbolos dous textos. |