Traducións
Título A noite xusto antes dos bosques; Combate de negro e de cans
Autoras/es Nome  Enrique (Henrique) Harguindey Banet
Publicacións  La nuit juste avant les forêts; Combat de Nègre et de chiens
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  1996
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  21 cm, 122 p.
Obra completa, Antoloxía  Dúas pezas
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-87847-69-2
Lugar de edición: editora, colección  Santiago: Laiovento, Col. (T) Teatro, nº 66
Localización e signatura  BUV, FFT 869.9=03 KOL nui
Fonte  Libro propio
Soporte  Papel
Introdución e notas  
Textos críticos   -R. G., “Un rapaz fascinado por María Casares”, La Voz de Galicia, “Revista de Cultura”, ano II, nº 57, 28 marzo 1996, p. 6. Comentario que, con motivo da publicación de A noite xusto antes dos bosques/Combate de Negro e de cans, en versión de Henrique Harguindey Banet, pon de relevo a toma de contacto do seu autor, Bernard-Marie Koltès, co teatro. Salienta R. G. o feito de que Koltès, nestas dúas obras e en consonancia co resto da súa producción, amosa uns personaxes atormentados, víctimas da soidade, en busca constante dunha imposible fuxida. -Henrique Harguindey Banet, “Bernard Marie Koltès: A palabra da noite”, Revista Galega de Teatro. Información teatral, nº 13, xullo 1996, pp. 50-55. Harguindey, traductor ó galego de A noite xusto antes dos bosques e Combate de Negro e de cans, obras ámbalas dúas do francés Koltès, fai un breve resumo da obra teatral deste escritor, destacando sobre todo o feito de que o seu teatro vai dirixido tanto á lectura coma á representación. Ademais, presenta unha análise das dúas obras traducidas, centrándose nos seus personaxes, argumentos e sentido destes. Sinala que o tema fundamental do teatro de Koltès é a “falta de respecto ás diversas identidades, a intolerancia fronte á diferencia, o que enxendra o medo e a inseguridade, o conflicto, a persecución”. -F. Martínez Bouzas, “Nos lindes do medo”, O Correo Galego,“Revista das Letras”, nº 119, 1 agosto 1996, p. 6. Recensión do texto de Bernard-Marie Koltès A noite xusto antes dos bosques, traducido por Henrique Harguindey. O libro contén dúas obras: A noite xusto antes dos bosques e Combate de Negro e de cans. A primeira cualifícase como un soliloquio hermético no que tal vez o autor tentara reflecti-lo hermético da vida; a segunda denomínase unha comedia convencional en canto á súa estructura formal, e como un reflexo da soidade, do medo, da marxinación. -María Cajigal, “Bernard-Marie Koltès: A noite xusto antes dos bosques, Combate de Negro e de cans”, Revista Galega de Teatro. Información teatral, nº 14, “Libros”, decembro 1996, p. 114. Refírese a recensionista, á especial forma de entende-la escritura dramática de Koltès “diametralmente oposta ás tendencias que predominan nun amplo sector da dramática contemporánea”. Salienta que se trata dunha obra renovadora que reivindica un teatro “no que a palabra recupera o protagonismo perdido durante as décadas dos setenta e os oitenta”. De seguido realiza un percorrido pola súa traxectoria e comenta os dous textos publicados por Laiovento, A noite xusto antes dos bosques e Combate de Negro e de cans, dos que salienta a dureza temática e a complexidade formal, aspectos que pretenden denuncia-lo “integrismo occidental”. -Alex Mene + Buxán Bran, “A noite xusto antes dos bosques”, O Correo Galego, “Revista das Letras”, nº 111, “Latexos”, 6 xuño 1996, p. 8. Refírense á traducción ó galego destas dúas pezas teatrais de Bernard- Marie Koltès. Logo dunha referencia á morte do autor, ocorrida en París en 1989 a causa da sida, infórmase de que o conxunto da súa obra se compón de seis pezas, unha das cales, Na soedade dos campos de algodón, foi representada pola Factoría Teatro en traducción de Dolores Vilavedra. Sinálase, así mesmo, a coherencia temática que presentan as obras de Koltès, marcadas polo sentimento de soidade dos personaxes e a diferencia que se percibe entre o Wilde de A importancia de chamarse Ernesto e Koltès, pois se Wilde “quixo aí, co seu estilo enxeñoso, acerado e culto, darlle a viravolta a esa sociedade benpensante, reivindicando o sumidoiro urbano”, o personaxe de Koltès, “xa aboiado no sumidoiro, loita, nun estilo moito máis cru, por saír del e marchar cara a ese campo que aborrece o personaxe de Erensto, o mundano e cosmopolita”.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros