Traducións
Título Henrique IV
Autoras/es Nome  Antonio Colmenero Cal
Publicacións  Enrico IV
Ilustracións  
Xénero  LIT_Teatro
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Sen mención
Ano  1996
Edición  monolingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  Encadernación rústica, 21x14 cm, 85 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  84-87847-71-4; 978-84-87847-71-4
Lugar de edición: editora, colección  Santiago: Edicións Laiovento, Col. Teatro, nº 68
Localización e signatura  BUV FFT 869.9=03 PIR enr
Fonte  Viceversa
Soporte  papel
Introdución e notas  Tradución e notas do tradutor: Antonio Colmenero Cal
Textos críticos   -M. R., “Pirandello, entre o que queremos ser e o que somos”, La Voz de Galicia, “Revista de Cultura”, ano I, nº 69, 20 xuño 1996. Indícase que o autor amosa na súa obra a confrontación entre o mundo sublime da historia e o mundo cotián, co emprego da loucura como máscara fronte á xente. Dise que se trata dunha traxedia que rompe coas estructuras tradicionais das técnicas dramáticas do seu tempo e mostra un desartellamento que reflicte a descomposición do universo psicolóxico dos personaxes. -M. Quintáns, “Henrique IV de Pirandello”, El Correo Gallego, “Edición 7”, 25 agosto 1996, p. 5. Recensión da publicación da obra Henrique IV, de Luigi Pirandello. Infórmase de que a traducción corre a cargo de Antonio Colmenero Cal, quen considera a obra como unha das máis importantes do autor e sinala a indiscutible inspiración do protagonista da peza na figura do emperador alemán Henrique IV (1056-1106). -F. Martínez Bouzas, “A tolemia en busca de autor”, O Correo Galego,“Revista das letras”, nº 130, 24 outubro 1996, p. 6. Recensión na que se fai un resumo do argumento desta obra de Pirandello. Sinálase que unha vez máis o autor recorre ó seu motivo predilecto “o teatro do teatro”. A tolemia é neste caso o tema do que bota man o autor para reflecti-lo mundo do engano, da farsa, da máscara. A. Yllanes Alfeirán, “Luigi Pirandello: Henrique IV”, Revista Galega de Teatro. Información Teatral, nº 14, “Libros”, decembro 1996, p. 111. Yllanes comeza situando a Pirandello nunha “xeración transnacional” á que pertencen Maeterlinck, Butler, Yeats, Schnitzler, Claudel ou von Hofmannsthal, autores que reaccionan “fronte ó naturalismo imperante no momento en que principian a súa andaina creativa”. Considera a Pirandello como o creador dun novo paradigma teatral e sinala tres tendencias fundamentais dentro da súa producción: o drama grotesco, o drama do “espello” e “o teatro dentro do teatro”. De seguido, refírese a Henrique IV, en versión galega de Antonio Colmenero Cal. Salienta que nesta obra, unha das máis representativas de Pirandello, “se deixa sentir o drama persoal que o propio autor sofre durante os quince anos que malvive coa súa muller, que toleara pouco despois de casar”, ademais de temas como “a fenda entre ilusión e realidade, a máscara, a vida como un xogo de roles (...), a incomunicación, a soidade, o tempo ou a morte”.
Premio(s)  
Observacións  
Ficheiros