Observacións |
cousiñas é un poemario escrito orixinalmente en alemán e que polo afecto espontáneo dos meus editores espellou inesperadamente na lingua galega, algo que inicialmente non era o seu obxectivo. traducir este libro resultou un proceso certamente peculiar porque a lingua na que escribimos determina o obxectivo da comunicación e kleinigkeiten/cousiñas foi escrito en alemán porque o seu obxectivo é tamén traer a outredade que o galego e eu mesma representamos á cerna dunha lingua e cultura central europea nunha especie de diálogo íntimo no que a lingua de poder se converte na lingua dos afectos e dos desafectos, do privado e do íntimo. e desta maneira se cadra transfórmase na máis política das linguas. |