| Título |
Sir Gawain e o cabaleiro verde |
| Autoras/es Nome |
Jorge Luis Bueno Alonso
|
| Publicacións |
Sir Gawain and the Green Knight
|
| Ilustracións |
Non |
| Xénero |
LIT_Poesía |
| Lingua |
Galego - glg |
| Direccionalidade |
Directa |
| Ano |
2013 |
| Edición |
monolingüe |
| Formato, volume, fascículo, número, páxinas |
Rústica. 15x22 cm. 78 p. |
| Obra completa, Antoloxía |
Obra completa |
| Tipo de edición |
1ª edición |
| ISBN |
978-84-92866-57-1 |
| Lugar de edición: editora, colección |
Cangas do Morrazo: Rinoceronte Editora, Col. Vétera |
| Localización e signatura |
|
| Fonte |
Libro propio |
| Soporte |
papel |
| Introdución e notas |
O volume ábrese cunha introdución do tradutor onde presenta a obra dende o punto de vista temático, histórico e, tamén, métrico. Dedícalle, así mesmo, unhas páxinas á estratexia tradutiva. |
| Textos críticos |
|
| Premio(s) |
Premio da Asociación Española de Estudos Anglo-Norteamericanos 2014 |
| Observacións |
Sir Gawain e o Cabaleiro Verde é un romance métrico de finais do século XIV escrito nun único manuscrito, que tamén contén outras tres obras de orientación máis cristiá.
Os catro poemas están nun dialecto común, a variedade dialectal dos Midlands do noroeste do inglés medio. Así e todo, o tema central da historia de Sir Gawain e o Cabaleiro Verde é máis antigo e comprende moitos elementos, sendo o principal o tema da decapitación, central na mitoloxía celta, mais tamén inclúe elementos do seu tempo, sendo o máis importante o da peste negra.
O manuscrito Cotton Nero A.x está no Museo Británico. A primeira edición moderna foi publicada por J. R. R. Tolkien e E. V. Gordon en 1925. |
| Ficheiros |
|