| Textos críticos |
Voltaire desenvolveu un labor publicístico, no marco do que cualificou como a "guerra contra o infame". O Exame importante de lord Bolingbroke ou a Tumba do fanatismo, con esa súa feroz análise do que é o cristianismo e as súas fontes textuais, análise que aínda hoxe a algunhas mentes lles pode parecer blasfema, pretendeu ser unha intervención decidida e directa contra os crimes causados polas doutrinas, a reivindicación de que tamén a relixión debe ser analisada baixo unha ollada crítica, a defensa dunha concepción da historia que non pode ser explicada pola vontade divina ou a providencia, máis outro exemplo da loita que o espírito científico racionalista mantén coa relixión por liberarse da súa tutela e censura. |