Traducións
Título A Arte da Guerra
Autoras/es Nome  Manuel del Río Rodríguez
Publicacións  A Arte da Guerra (chinês: 孫子兵法; pinyin: sūn zĭ bīng fǎ)
Ilustracións  
Xénero  NON-FIC_Ensaio
Lingua  Galego - glg
Direccionalidade  Directa
Ano  2012
Edición  bilingüe
Formato, volume, fascículo, número, páxinas  256 p.
Obra completa, Antoloxía  
Tipo de edición  1ª edición
ISBN  978-84-940757-6-6
Lugar de edición: editora, colección  Teófilo Edicións
Localización e signatura  
Fonte  
Soporte  
Introdución e notas  
Textos críticos  
Premio(s)  
Observacións  “A arte da guerra” de Sun Zi é unha versión bilingüe, en chinés e galego, sendo esta última realizada por Xulio Ríos, director do IGADI e do Observatorio da Política China (OPCh). Trátase dun destacado clásico escrito a finais do século VI antes da nosa era que constitúe o traballo teórico militar máis antigo de China e do mundo que recolle o núcleo da sabedoría da guerra. As profundas reflexións de Sun Zi fixeron desta publicación unha obra primordial na ciencia militar chinesa, e chegou a ser un importante documento nas academias militares mesmo de diferentes países occidentais. Na actualidade as súas deducións, ademais de seren obxecto de estudo no ámbito da defensa, tamén son aplicables ás relacións internacionais, comerciais e ata aos negocios. Constitúe unha aposta polo diálogo cultural, polo coñecemento mutuo e polo establecemento de pontes que favorezan o desenvolvemento en paz. Ao longo de trece capítulos, as exposicións de Sun Zi comprenden desde o concepto da guerra ata a construción dun exército e a intelixencia, pasando polas tácticas e estratexias, ou aspectos da teoría militar, sendo moitos deles obxecto de análise e comentario por primeira vez na historia. Traducido a numerosos idiomas. Unha coidada encadernación en tapas de cor vermello, as súas follas imitando o papel de arroz e as ilustracións do período dos reinos combatentes danlle un atractivo especial a esta publicación de pequeno formato que ademais vai embuchada nunha bolsa de tela negra adornada con motivos orientais.
Ficheiros