Observacións |
Tras o estudo de Clementson (Univ de Córdoba) van divididos en cinco bloques, os autores cos seus textos escolmados: primeiramente, os creadores de “La lírica medieval galaico-portuguesa”; logo, os “Trovadores de los siglos XIV y XV”; a seguir uns “Breves testimonios de la poesía gallega en los siglos XVI, XVII y XVIII”; despois, “El Rexurdimento. Poesía romántica y posromántica” e, finalmente, os “Poetas gallegos contemporáneos”, dende o “Sobre o sol…” de Valle-Inclán ata “Deslizo esa matéria lenta do beixo a un interior sonámbulo” de Miguel Anxo Fernán-Vello,pasando por outro medio cento de voces que debuxan un mosaico realmente variado e plural da poesía galega destes cento e algo anos, coas voces principais dos autores de Entre Séculos, os vangardistas e creadores da Época Nós, os recuperadores de Posguerra, as voces da Transición e os nomes maiores da Xeración dos 80, onde se detén a antoloxía.
O director da editorial Eneida, Luis Sotuela, descende de galegos |