| Observacións |
A autora que actuará como anfitrioa cultural e literaria será a escritora, música e filóloga coruñesa Estíbaliz Espinosa, á que Yolanda Castaño cualificou como "unha das voces máis importantes da súa xeración". Desde Cataluña, concretamente desde Lleida, participa Josep M. Rodríguez. Desde Ucrania chega o poeta, tradutor, ensaísta e crítico literario Ostap Slyvynsky. Desde Irán participa a poeta, dramaturga, editora e tradutora Sholep Wopé, que actualmente vive en California. Desde Xapón chega Yasuhiro Yotsumoto, que actualmente reside en Múnic, e desde Macedonia, Nikola Madzirov. Por último, desde Israel chega a poeta, novelista, editora e tradutora Tal Nitzán, que é tradutora de literatura hispánica ao hebreo. |